xornadas cerámica lugo Xornadas Internacionais de Cerámica Antiga no Noroeste Peninsular

XORNADAS INTERNACIONAIS DE CERÁMICA ANTIGA NO NOROESTE PENINSULAR

Do 25 ao 28 de abril 2018

Benvidos ás Xornadas Internacionais de Cerámica Antiga no Noroeste Peninsular, que integradas dentro do programa de actividades planificadas polo Concello de Lugo para sumarse á celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, pretenden poñer en valor o rico patrimonio arqueolóxico da cidade así como a súa importancia desde o punto de vista histórico.

Os obxectivos que se perseguen con esta actividade son o de fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural como un recurso compartido, sensibilizar acerca da historia e os valores comúns e reforzar o sentimento de pertenza a un espazo común. As actividades que se promoverán buscan incidir no patrimonio cultural como elemento fundamental de diversidade cultural e de dialogo intercultural; potenciar a contribución do patrimonio cultural á economía.

Breve descrición da actividade
Afondar no estudo tanto das diferentes producións así como na importancia das relacións comerciais existentes entre as distintas zonas do entorno en época antiga.

Obxectivos da actividade
Con estas xornadas pretendese que os participantes se acheguen ao contexto, produción e tipoloxía da cerámica de época antiga e as relacións comerciais existentes entre os diferentes núcleos do noroeste peninsular, incidindo na importancia da antiga Lucus Augusti como centro produtor e comercial.